O sistema nervioso (SN) está formado por o sistema nervioso central (SNC) e
o sistema nervioso periférico (SNP)
O SNC está formado polo ENCÉFALO e pola MÉDULA ESPIÑAL. O encéfalo é a
parte máis importante do SN e encargase de xerar consciencia, recordar, soñar,
inventar...é o que nos fai humanos. A médula espiñal exténdese dende o pescozo
ata a cintura.
O SNP está formado polos nervios que conectan a rexión central co resto do
organismo.
O SNC está protexido polo cráneo, por unhas membranas chamadas meninxes e por unha capa de líquido chamado líquido cefalorraquídeo, que se mete no interior do encéfalo e rechea unhas cavidades famadas ventrículos e recorre o interior da médula espiñal por un buraco, o canal central. (Nalgunhas enfermidades tómanse mostras deste líquido: as puncións lumbares.)
O SNC está protexido polo cráneo, por unhas membranas chamadas meninxes e por unha capa de líquido chamado líquido cefalorraquídeo, que se mete no interior do encéfalo e rechea unhas cavidades famadas ventrículos e recorre o interior da médula espiñal por un buraco, o canal central. (Nalgunhas enfermidades tómanse mostras deste líquido: as puncións lumbares.)
O encéfalo dividese en:
Cerebro
|
Ocupa
a maior parte do cráneo. Está dividido en dúas mitades ou hemisferios. Está formado por catro
partes ou lóbulos: frontal, parietal,
occipital e temporal.
|
Tálamo
|
Está
rodeado polo cerebro e dividido en dúas mitades; cada unha delas ten forma de
ovo de galiña pero máis pequeno. É a porta de entrada do mundo exterior hacia
o cerebro xa que regula a información que entra polos sentidos
|
Cerebelo
|
Sitúase
na zona da caluga. Refina as ordes de movemento que o SN envía aos músculos:
postura do corpo e equilibrio, movementos oculares durante a fixación da
vista, ten que ver con tarefas congnitivas relacionadas coa linguaxe; en
definitiva é o reponsable de que fagamos movementos sen ter que pensalos.
|
Tronco encefálico
|
Dende
o punto de vista evolutivo é a parte máis primitiva e regula automaticamente
funcións vitais como a respiración o ritmo cardíaco.
|
No cráneo temos células de dous tipos:
v
Celulas
nerviosas ou neuronas.
As dúas cousas que as fan tan especiais son a súa
capacidade para xerar electricidade e a forma que teñen.
A maioría das celulas animais son de forma esférica
e miden unhas poucas micras de diámetro (milésima parte dun milímetro). As
neuronas poseen tamén unha parte asi, o soma,
pero ademais teñen finas prolongacións que poden chegar a medir mais dun metro.
Constitúen un sistema de comunicación moi sofisticado: as células
especializadas en recibir información doutras chamanse dentritas; as especializadas en envíala chamanse axións, finas e alargadas. Cada neurona
ten un único axión, que se ramifica para contactar con moitas outras células.
Cada neurona recibe un promedio de información mediante
unhas 10.000 sinapsis e envía información mediante unas 1.000. Calcúlase que o
encéfalo ten unhs 86.000 millóns de neuronas. Delas, case 70.000 millóns están
no cerebelo, e o resto, principalmente no cerebro.
As neuronas
comunícanse mediante unha combinación de sinais eléctricos e mensaxes químicas.
Cada neurona ten unha carga eléctrica similar á que ten unha bateria coornte. O
soma pode descargarse recargarse de
xeito brusco (en menos de un milisegundo)e xerar así un sinal eléctrico que
viaxa polo axión. Cada una destos sinais eléctricos que viaxan ao longo dos
axiones chámase potencial de acción. Para
entendelo ben, temos que ter en conta que as neuronas, como as outras células,
teñen unha membra que as rodea e que está chea de pequenas comportas que
podense abrir e cerrar moi rapidamente. Por elas entran e saen os ions da célula, que son partículas con
carga eléctrica.
Cando un potencial de acción chega ao final do axión, esa
rexión libera ao exterior algún tipo de sustancia química que afecta dalgún
xeito a outra célula: son os neurotransmisores.
Este proceso coñécese como sinapsis
química (se non interveñen neurotransmisores, falamos de sinpsis eléctrica)
v
Celulas
gliales.
O seu número é similar ao das neuronas pero non xeran sinais eléctricos. Entre
outras cousas, forman un sustento físico que protexe ás neuronas e colaboran na
nutrición das mesmas e controlan o paso de sustancias químicas dende o sangue.
Bibliografía
Xurxo Mariño: Neurociencia
para Julia. Ed Laetoli.
Eva Garea: Psicoloxía. Ed. Xerais
VÍdeos: Activando o sistema nervioso.
Neuronas espello
Práctica: Transmisión do impulso eléctrico a travésda sinapsis eléctrica.
VÍdeos: Activando o sistema nervioso.
Neuronas espello
Práctica: Transmisión do impulso eléctrico a travésda sinapsis eléctrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario